Martes, 14 de junio de 2005
Por fin teño o meu propio blog ("joder, nin que fora para tanto", pensaredes).
Despois de máis de dous anos sen aportar nada novo á cultura humana (o último que fixen, xunto con Rui, foi isto GondomarOnline ) decidín que vou volver a deixar a miña pegada en Internet. Así que cada vez que me sinta con gañas de escribir e inspirado, ides disfrutar de momentos estelares da mellor literatura espontánea do universo. Sen máis me despido ata mañá, que son horas de durmir.
Anexo: Estou farto do "biofrutas mediterráneo" e do xugo de piña, un finde destes vou caer na tentación de beber cola con Cacique (moi PoPular en Galicia, por certo).O malo é que se fago tal vou romper a promesa que me fixen de pillar o primeiro é único cagallón da miña vida o día que lea o PFC.
Por: Balusinho | General | Comentarios (0) | Referencias (0)
Así son as cousas e así as conto eu.
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com