Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Cogito ergo sum

Lunes, 05 de septiembre de 2005

O tío Sam quere que rasques o peto

O embaixador dos USA en España, ,Eduardo Aguirre, deixounos unha lista coas cousas que precisan e pediu ós españois que fagan doazóns a través da Cruz Vermella internacional. Surrealista.

"Estamos pidiéndole a los pueblos en todas partes del mundo que cooperen con cruz roja internacional dedicando sus contribuciones que puedan hacer, pequeñas, medianas o grandes", dijo Aguirre.
Nova completa en yahoo



Os Estados Unidos de América, un país no que vive menos do 5% da poboación mundial e que produce o 25% das emisións mundiais de CO2 e que conta cun orzamento militar de 302200 millóns € (75 billóns de pesestas!!!) precisa dos nosos cartos. Paréceme ben que pidan racións de comida preparada, helicópteros ou equipos de rescate, a traxedia do Katrina ten proporción bestiais e e fan falta moitos recursos en pouco tempo, pero que o embaixador da primeira potencia mundial (iso din eles) veña pedir cartos para axuda humanitaria de emerxencia paréceme de mal gusto. Non me entra ben na cachola. É como se che vén Amancio Ortega e che piden cartos para o café, porque, por exemplo, acaba de montar dúas tendas en Singapur e cinco maquilas en Vietnam e non lle queda solto. Hai cousas que non se poden consentir. E que conste que isto só é unha crítica contra o goberno republicano (como cambia esta adxectivo segundo o contexto). Non estou menosprezando a situación que se está a vivir a poboación (a maioría negra, coincidencia?) en New Orleans e áreas veciñas. E falando de coincidencias, seguro que vos interesa o que ten que dicir ThePyrate.
Veña, que cada un saque as súas propias conclusións. A miña cabeza non dá pa máis. Ata pronto

Por: Balusinho | Política | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Acerca de

Así son as cousas e así as conto eu.

Búsqueda

Categorías

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009