Cogito ergo sum
Chicos malos
Estimado Sr. director:
Los alumnos del I.E.S. “Auga da Laxe” de Gondomar implicados en el desgraciado incidente ocurrido en su hotel con otros alumnos catalanes, el día 11 de abril de 2000, asumimos las responsabilidades y lamentamos las circunstancias nos llevaron a una discusión que finalizó con el deterioro de una puerta.
Todos nosotros, implicados en el altercado, reflexionamos sobre lo sucedido y arrepentidos por tomar unas medidas que no fueron correctas y que no se volverán a repetir, rogamos, conjuntamente, que  disculpe nuestro acto.
También pedimos que si, en años posteriores, compañeros de nuestro instituto deciden alojarse en  su hotel reciban el mismo trato que recibimos nosotros.
Atentamente, los alumnos de 3º de BUP del instituto “Auga da Laxe” de Gondomar
Gondomar a 15 de mayo de 2000
P.D. Mentres sucedeu todo eu estaba con Rui, Montxo, Ferro e as chicas facendo bombas na piscina. Que quede claro :-)
A mirada do adeus e os anaquiños. (La mirada del adiós y los pedazitos)
A min, dende cativo, sempre me intrigou o asunto da morte. Aínda que pareza incrible, unha das miñas teimas era decidir cal sería a vocal na que remataría a última palabra que ía dicir xusto antes de finar. Non é broma. Incluso cheguei á conclusión que sería o 'a', non sei o porqué, posibelmente parecíame a máis bonita. Sendo franco, a verdade é que non entendía moi ben que significaba o de morrer. Lembro que cando tiña seis anos, unha mañá facendo un puzzle no salón da miña casa, ocórreuseme que podía ser como deslizarse polo espazo exterior o resto da eternidade caendo se chocar nunca contra os astros que verías pasar a toda velocidade como diminutos puntos luminosos. Tratei de imaxinalo  pechando os ollos e botando a cabeza para atrás. Con tanta concentración mermouse a miña percepción espazo-temporal e comecei a marearme, así que me deixei caer pensando que tiña o sofá á miña costa. Non estaba o sofá, pero unha mesiña amortigou o golpe. Aínda hoxe me pregunto como se me puido ocorrer facer aquelo. Coido que foi o máis semellante a meditación que levo feito polo de agora.
Pero, deixando atrás anécdotas, o meu primeiro contacto directo coa morte foi coa do meu avó. Tampouco podo falar moito del porque morreu cando eu era bastante pequeno. Un dos poucos recordos que teño del é dun día que me levou ó porto de Vigo e unha señora, que estaba por alí vendendo peixe nun posto ou algo así, ofrecueme con ilusión unhas xoubiñas fritidas que eu rexeitei con esmero e cara de noxo. O caso é que un día me levaron ó hospital a velo. Eu preguntei que lle pasaba e me dixeron que tiña rota unha perna. A min algo me cheiraba a peixe podre: non tiña as muletas por ningún lado da habitación nin ningunha perna escaiolada. Eu era pequeno, pero non tonto e sabía que algo raro acontecía. A seguinte e última vez que o mirei foi no enorme dormitorio dos meus avós que daquela vivían nun piso dun fermoso edificio decimonónico, tan elegante como pouco  funcional. Miña nai dixo que fora onda el, e eu obedecín aínda que cun pouco de medo porque había moita xente arredor e eu non sabía que estaba a pasar. Acolleume co sorriso máis cálido que lle vira nunca. Aínda o lembro bastante ben, e é curioso como funciona a memoria que sabe que momentos son os que ten que almacenar porque ó cabo duns anos, recapitulei e comecei a entender todo gracias a esas fotografías mentais que quedaron grabadas na miña retina. Pois si, eu fun todo coitadiño a darlle dous bicos ó meu avó sen saber que en pocos días ía deixarnos. Non sei se tería sido mellor que eu fora consciente da gravidade do seu estado, o caso é que el si sabía que posiblemente será a última vez que me ía ver, e cando lembro os seus ollos e a candidez do seu rostro como dicindo un "hastaluego" cheo de tenrura doume conta de todo: para el, aquelo era unha despedida.
Pasaron os anos, e a súa falta superouse bastante ben porque o seu finamento podíase entender como o final do ciclo, a fin de contas tivera tempo para vivir e ver medrar ós seus fillos e incluso ver nacer a case todos os seus netos que agora estaban estrenando o seu ciclo e enchíano todo de vida.
Pero a pantasma do cancro, que se levara ó meu avó, volveu a aparecer sen invitación e instaluse no corpo da miña tía. Miña tía 'Mila' ('Milagritos' para os máis achegados), non a coñecedes? é raro porque todo o mundo a coñecía. Para moita xente eu non era Antón, era o sobriño de Mila, e a cousa, lonxe de molestarme ata me agradaba. Os paseos con ela eran eternos, parábase a falar con todo o mundo e case todo o mundo percorreu nas súas innumerables viaxes: Exipto, Nicaragua, China, Cuba,... e case de todos eses sitios tróuxome moedas e pedras das que eu era afanado coleccionista. Aínda teño un bote con área que me trouxo do Sahara e anacos de coral do Mar Vermello, canta xente fai ese regalos? ;-) Co tempo afíxenme a estas cousas e xa os vía como algo normal, pero agora bótoas moito de menos. Lembro unha tarde de fútbol que fun con ela a pór propaganda electoral de EU (da que era militante e candidata) no cristal dos centos de coches aparcados diante de Balaídos. Foi unha pena que esas eleccións non conseguiran nada, sentino como algo persoal, sobre todo por ela. Tamén me lembro das Fantas, as patacas fritidas e os pinchiños ós que nos invitaba, a min e ós meus imáns e primos (cando viñan por España, vaia:-) ), todos os sábados antes do xantar na casa da avoa Lolita. Todas estas son cousas ós que non lle das valor no momento, pero que se converten nos recordos que te van acompañar durante toda a túa vida sen pode volver atrás para cambialos ou retelos. Ó caso é que os anos foron pasando e a medicina avanzou moito, pero foi maior o avance do cancro que minaba a saúde, que non o ánimo, da miña tía. Tampouco fixo falta que ninguén me dixera que as cousas ían mal. O seu ollar apagado e a súa falta de apetito facíanme presaxiar un desenlace que non quería nin imaxinar. O día que confirmaron as miña sospeitas de que a cousa non tiña solución caín na conta de todas as cousas que deixara de facer con Mila todos eses anos que ela levaba loitando en silencio. O reloxo corría en contra e cando a súa fráxil saúde comezaba a dar signos de colapso ingresárona no hospital. Foi unha fría e escura tarde de febreiro, unha semana e media despois do meu cumpreanos e ó pouco de ingresala, cando fun visitala por primeira e última vez ó hospital. Armeime de valor e subín ata o andar no que estaba a miña tía polas escaleiras, para facer tempo. Cheguei, busquei a porta e alí estaba Mila, rodeada das súas mellores amigas e xunto á miña avoa. Falei con ela da viaxe que eu fixera a Lisboa e dos sitios nos que estivera, que ela coñecía ben. Á súa mirada dicíao todo, ela non sabía a gravidade da súa situación pero hai cousas que non fai falta dicilas. Non sei se me notou a desesperación e pena nos ollos, o caso é que cando me despedín dela, cun bico na meixela e me acheguei a porta da habitación sen deixar de mirala, foi nese instante cando sentín un escalofrío que me percorreu o corpo, outra vez esa mirada do adeus que xa coñecía de antes pero agora si sabía o que era. Esta mirada non foi como a anterior, foi unha mirada de temor, de quen é testemuña dunha inxustiza e non pode facer nada para solucionala, un adeus moi amargo ante ó que me sentía impotente. Días despois, un 29 de febreiro (día singular), deixounos. Foi entón cando fun aínda máis consciente do fondo calado de Mila na xente: queríana moitos e moito.
Ano e medio despois de todo isto síntome con forzas e gañas para dicir que todas estas cousas son xa parte de min, estas cousas e moitas outras como: todas as veces que chorei, e as que non chorei, todos os bicos que me deron, e os que non me deron, todas as cousas que dixen, e que non dixen, todas as que me dixeron, e as que non me dixeron, todos os libros que lin, e os que non lin, todas a as veces que quixen, e as que non quixen, todas as veces que me quixeron, e as que non me quixeron e todas as cousas que vou ver e vivir e que aínda non vin nin vivín.
E digo isto porque non sei se hai ceo nin inferno, tampouco sei se os que nos deixan estannos observando por un buraquiño dende unha dimensión paralela ou a súa alma pulula polo ambiente en forma de entidade gasosa, o que si sei é que eu estou feito de anaquiños de todos os que quixen e que non están, e dos que están tamén. Somos un mecano de emocións, recordos e sentimentos, das emocions, recordos e sentimentos que orixinamos ós uns nos outros sen querer e sen poder evitalo. E é por iso polo que nos entristecemos tanto cando alguén nos deixa, porque deixa o seu anaquiño orfo, e máis fonda é a tristura canto máis grande e importante é ese anaquiño. E somos nós, os novos donos do anaquiño, os que temos que mimalo e coidalo día a día para non perdelo, para facelo propio e poder lucilo ata que nós tamén sexamos anaquiños que outros teñan que mimar e coidar.
E deixo como corolario un consello: vive cada momento sabendo que é irrepetible e colecciona anaquiños como eu facía coas pedras e moedas que me traía Mila das súas viaxes... Nada máis xentiña, moitas grazas pola vosa atención e espero que estas palabras vos serviran de algo. Akuna matata
P.D. Aquí conto cousas moi importantes para min. Confío en que as coidaredes, son parte do meu anaquiño en vós...
O tío Sam quere que rasques o peto
"Estamos pidiéndole a los pueblos en todas partes del mundo que cooperen con cruz roja internacional dedicando sus contribuciones que puedan hacer, pequeñas, medianas o grandes", dijo Aguirre.
Nova completa en yahoo
Os Estados Unidos de América, un país no que  vive menos do 5% da poboación mundial e que produce o 25% das emisións mundiais de CO2  e que conta cun orzamento militar de 302200 millóns € (75 billóns de pesestas!!!) precisa dos nosos cartos. Paréceme ben que pidan racións de comida preparada, helicópteros ou equipos de rescate, a traxedia do Katrina ten proporción bestiais e e fan falta moitos recursos en pouco tempo, pero que o embaixador da primeira potencia mundial (iso din eles) veña pedir cartos para axuda humanitaria de emerxencia paréceme de mal gusto. Non me entra ben na cachola. É como se che vén Amancio Ortega e che piden cartos para o café, porque, por exemplo, acaba de montar dúas tendas en Singapur e cinco maquilas en Vietnam e non lle queda solto. Hai cousas que non se poden consentir. E que conste que isto só é unha crítica contra o goberno republicano (como cambia esta adxectivo segundo o contexto). Non estou menosprezando a situación que se está a vivir a poboación (a maioría negra, coincidencia?)  en New Orleans e áreas veciñas. E falando de coincidencias, seguro que vos interesa o que ten que dicir ThePyrate.
Veña, que cada un saque as súas propias conclusións. A miña cabeza non dá pa máis. Ata pronto
A insoportable levedade do ser
Nunca vos parastes a pensar sobre o milagre da vida. Tantas células
postas de acordo para que poidas erguerte cada mañá, a min sempre me
pareceu  algo máxico. Non creo que nunca cheguemos a entender
totalmente o fenómeno da vida. O máis complexo procesador é bricolaxe
se o comparamos co máis simple virus (que nin sequera podemos
consideralo como ser vivo). De feito non lle damos importancia á nosa
levedade ata que algo altera o perfecto equilibrio do noso corpo. Esta
alteración pode chegar de infinitos modos. A min chegoume en forma de ostiazo en bicicleta. Os detalles sobran. O caso é que o sentir o
meu queixo bater sobre o asfalto despertei do meu soño de
imperturbabilidade. Deime conta do fácil que é en milésimas de segundo
perder o que nos parece inarrebatable. Mentres miraba o chan observando atónito o charco que formaba o regueiro de sangue que saía do meu nariz pensaba no preto que estiven de perdelo todo. De non levar casco posiblemente agora estaría lamentando máis que oito puntos, un dente astillado, os beizos queimados e feridiñas repartidas pola miña
anatomía. Vinte segundos antes andaba a preguntarme se me lembraría de cómo se xoga ó tenis, e trala mallada o único no que podía pensar era
en coller forzas e ir andando onda os meus amigos sen perder o
coñecemento. E a pesar de todo síntome afortunadísimo. Todo foi un
susto, sobre todo para a nena pequena que me viu de primeira (pobriña)
e foi avisar ós demais.
Aviso: a antitetánica está a provocar en min un estado de malestar
xeral. Considerade esta nota como un delirio febril.
Conlusións:
Usa sempre casco, aínda que leves gomina.
O que chega non tarda.
Vive cada momento especial como se fora o último.
Os bicos, as apertas e as caricias son momentos especiais.
El teleco (Simius Telecus)
Etimológicamente, la palabra TELECO proviene de los dos vocablos griegos THELES = cabeza y EKROS = cuadrada, en clara alusión a su característica fisica externa fundamental.
Sin embargo, el origen de esta especie se presenta confuso, y científicos y antropólogos no han podido ponerse de acuerdo en este aspecto. Antiguamente se pensó que esta especie era radicalmente
independiente del resto de razas humanas. Algunos autores
identificaron a estos individuos como descendientes directos de
los habitantes de la mítica Atlántida, quizás por la descripción que
Platón hiciera de sus habitantes: «... y bajaran tres de ellos y hablaron, y contemplamos ante nosotros la majestuosa rectitud de sus cráneos, donde reposaba todo el saber de los tiempos...»
Algunos autores, acaso más osados, sostienen que los telecos son avanzadillas en la Tierra de civilizaciones extraterrestres, que se asentaron hace milenios asimilando la cultura terrestre. Esta teoría se basa en la manifiesta tendencia de estos individuos al estudio y perfeccionamiento dc las comunicaciones intergalácticas con las que, argumentan, tratan de restablecer un contacto perdido con sus antepasados.
Hábitat
El teleco vive únicamente en grandes ciudades, único ecosistema en el que puede encontrar la suficiente infraestructura tecnológica necesaria para su desarrollo individual.
Costumbres
Aunque conviven en los mismos núcleos urbanos que el resto
de los humanos, los telecos se refugian en grupos cerrados y en extrañas jerarquías en las que es muy dificil el acceso.
Dado que el coeficiente intelectual del teleco es muy
superior al de el resto de los mortales, éste desarrolla una serie de
hábitos que nos resultan a la fuerza dificiles de comprender.
Diariamente mantienen una inalterable rutina que comienza a las 6
de la mañana cuando su privilegiado sistema nervioso lanza una
llamada-estímulo necesitado de nueva información, que le hace
despertar.
Un teleco es capaz de pasar horas y horas ante la pantalla
de un ordenador, hábito que han aprendido ya en su infancia,
cuando en lugar de aniquilar marcianitos se dedicaban a
desentrañar los misterios de código máquina.
A un teleco no le gusta mezclarse con el resto de habitantes de las Escuelas Superiores, especialmente las hembras. Hemos realizado ciertas cxperiencias-piloto con algunos ejemplares que creíamos deliciosamente adecuadas para tratar de establecer una primera toma de contacto y los resultados no han sido del todo satisfactorios.
Detalle de pintura rupestre encontrada en el año 2300 a.C.
Puede observarse cómo ya en esas fechas, y gracias a su inteligencia superior, los telecos - a la izquierda - se limitaban a tarea de apoyo logístico
Apareamiento y Reproducción
La parada nupcial de teleco es tremendamente compleja. Comienza en la primavera cuando la cara del macho comienza a llenarse de un característico acné purulento, cuyo fétido olor estimula
hormonal mente a la hembra.
La primera cita suele ser en la sala de ordenadores. donde elaboran conjuntamente su primer programa en C. Se conservan fantásticos programas de la Edad de Oro con gráciles rimas en consonante,
a pesar de la evidente dificultad de casar fonética y rítmicamentc las cadenas alfanuméricas.
Antes de dar el sí difinitivo ella gusta de hacerle esperar unos días, que son los que necesita para estudiar concienzudamente las técnicas de rcproducción, puesto que carecen de instintos sexuales. Este hecho, hasta ahora conocido por pocos, es la explicación de la aparente frialdad e inaccesibilidad de las telecos-hembra (no es correcto el nombre de "teleca")
De esta unión nace una criatura por el procedimicnto acostumbrado. En el momento del parto la hembra sufre de grandes dolores debido, claro está, a las agudas aristas del cráneo de la criatura.
Peleas de telecos
Los telecos son terriblemente materialistas y posesivos, y esto les lleva a sostener encarnizadas luchas por el ordenador con más potencia de microprocesador o el último lugar en la biblioteca.
Dado que fisicamcnte no están bien dotados, las peleas no se solucionan por la fuerza fisica, sino que estas consisten en plantearse uno a otro los problemas. silogismos o algoritmos de la mayor dificultad, hasta que uno de los dos sufre un overflow.
Este, vencido y humillado, tiene que abandonar la lucha y entra en un estado depresivo que le dura varios meses (Algunos no se recuperan nunca)
Enfermedades
El teleco es un ser enfermizo y depresivo, de salud frágil. La enfermedad más peligrosa para él es el "virus informático", que hace pocos años logró introducirse cn el cerebro de uno de ellos y se ha propagado con rapidez por su colonia, propagándosc sistemáticamcntc y mediante cualquier tipo de intercambio de información.
Los efectos de este virus son muy dañinos para los tclecos, pues puede borrar la totalidad de su memona.
Curiosidades
Los telecos no fuman, no beben, no salen los sábados por la noche ni hacen ningún tipo de deporte. Muchos no saben todavía que hay bar en la escuela, y los pocos que se atreven a entrar en él llevan
siempre el dinero justo para el bocadillo para evitar tentaciones.
Odian en general todos los juegos de azar, pero les encanta jugar al mus, ya que aprecian lo rudimentario de la comunicación por medio de rápidos gestos.
A pesar de su alto coeficiente intelectual son las víctimas perfectas para cualquier tipo de timo, bufa
o engaño, puesto que son tremendamente inocentes y confiados.